miércoles, 13 de mayo de 2009

¿QUE É A ANDADURA?


O cabalo non educado o efecto utiliza catro aires para desplazarse: o paso, o trote, o galope e a carreira, pero desde tempos moi antigos conoceronse familias e razas de cabalos nas cales e natural o aire chamado de Andadura o Ambladura.
Os pasos suaves son modificacions do mismo. A Andadura ainda que pode enseñarse a calquer cabalo, tende a fixarse como carácter hereditario nas cabaladas seleccionadas o efecto.
O cabalo levanta o mesmo tempo os dous remos dun lado, anterior e posterior dereito por exemplo. Os avanza e apolla simultáneamente para seguir logo cos remos do lado contrario, anterior e posterior esquerdo. Dicese que o cabalo neste aire desplazase por bípedos laterais simultáneos.

http://www.youtube.com/watch?v=uft_hQiLAr0



miércoles, 6 de mayo de 2009


O cabalo de pura raza galega, posiblemente sexa unha das razas mais antigas da peninsula. É ademais, a única raza equina autóctona de Galicia.Durante milleiros de anos foi utilizado como sustento alimenticio do home, posteriormente foi usado durante séculos como cabalo de guerra, e durante os tempos de paz, axudou nas labores agrícolas, pasando a formar parte do acervo natural, cultural, social, medioambiental e histórico da nosa terra.Posiblemente descenda dos cabalos salvaxes prehistóricos traídos polos celtas, chegando ós nosos días máis ou menos mestiza. A diverxencia co tronco inicial tamén se debeu ás diferentes condicións ambientais e presión humana á que se puideron ver sometidos ó longo dos séculos. Polo que podemos decir, que se ben hoxe en día hai distintas poboacións equinas procedentes dese tronco común, o Celta (derivados da adaptación ás circunstancias que lles tocou vivir), tamén é correcto afirmar que todos eles consevan peculiaridades que as asimilan, e que nos permite dicir que se engloban dentro da raza coñecida como Cabalo de Pura Raza Galega.

miércoles, 29 de abril de 2009


Os cabalos de pura raza galega son animais de temperamento dócil cando se crían en condicions de semiliberdade ou en establos, con perfil recto, elipométricos e de proporciones sublonxilíneas. Teñen unha alzada a cruz de entre 120 e 140 cm e a sua capa é castaña ou negra.
A cabeza, de frente ancha e plana con abundante tupé, ollos expresivos e labios grosos con bigote está asociada a un abdomen redondeado e peito con profundidade. As extremidades son finas, cortas e fortes. Os cabos, e decir, crin e cola están moi poblados, cunha melena solta de pelos fortes e grosos.