miércoles, 6 de mayo de 2009


O cabalo de pura raza galega, posiblemente sexa unha das razas mais antigas da peninsula. É ademais, a única raza equina autóctona de Galicia.Durante milleiros de anos foi utilizado como sustento alimenticio do home, posteriormente foi usado durante séculos como cabalo de guerra, e durante os tempos de paz, axudou nas labores agrícolas, pasando a formar parte do acervo natural, cultural, social, medioambiental e histórico da nosa terra.Posiblemente descenda dos cabalos salvaxes prehistóricos traídos polos celtas, chegando ós nosos días máis ou menos mestiza. A diverxencia co tronco inicial tamén se debeu ás diferentes condicións ambientais e presión humana á que se puideron ver sometidos ó longo dos séculos. Polo que podemos decir, que se ben hoxe en día hai distintas poboacións equinas procedentes dese tronco común, o Celta (derivados da adaptación ás circunstancias que lles tocou vivir), tamén é correcto afirmar que todos eles consevan peculiaridades que as asimilan, e que nos permite dicir que se engloban dentro da raza coñecida como Cabalo de Pura Raza Galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario